COUSAS DE revista Nº9

Page 36

GALAICAS

JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA A PIONEIRA DA XENÉTICA MÉDICA EN ESPAÑA, NOMEADA CIENTÍFICA GALEGA DO ANO 2021 E Por RAGC/Redacción Jimena Fernandez de la Vega. Foto cortesía da RAGC

Xunto á súa irmá Elisa, foi a primeira licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago, e acadou gran notoriedade investigadora

Jimena Mª Francisca Emilia Fernández de la Vega y Lombán (Vegadeo. Asturias, 1895 – Santiago de Compostela, 1984) foi unha xenetista e profesora moi recoñecida do século XX. Jimena, xunto coa súa irmá xemelga Elisa, foron as primeiras mulleres licenciadas pola USC, representando un referente excepcional do que foi a incorporación da muller, por fin, aos estudos universitarios. Naceu na Vega de Ribadeo (Vegadeo), localidade onde exercía como médico o seu pai, Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín, natural de Castroverde (Lugo), quen foi o primeiro director do balneario de Guitiriz. Realizou o bacharelato no Instituto de Lugo entre 1909 e 1913, cursando todas as materias en ensinanza non oficial e non colexiada. No exame de grao obtivo a cualificación de sobresaínte tanto na Sección de Ciencias como na de Letras. Durante o último curso do bacharelato preparou no Instituto de Santiago a materia de alemán en ensinanza libre, un coñecemento que será fundamental no que foi a súa traxectoria posterior. En 1913 matriculouse na Facultade de Medicina da USC como alumna de ensino oficial non colexiado, validando os cursos de idiomas de francés e alemán que recibira nos Institutos de Lugo e Santiago. Realizou o exame de grao da licenciatura en xuño de 1919, aprobando con sobresaínte e, en setembro, conseguiu un dos dous Premios Extraordinarios concedidos. Tres anos máis tarde doutorouse na Facultade de Medicina da Universidade Central en Madrid, coa Tese “Estudio de la vagotonía infantil por medio del examen hematológico”, baixo a dirección do Dr. Pittaluga da que se conserva un exemplar na Biblioteca Nacional de Madrid. 36 cousas de

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) anunciou a, véspera do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o nomeamento de Jimena Fernández de la Vega e Lombán (Vegadeo, 1895-Santiago de Compostela, 1984) como Científica do Ano 2021, un recoñecemento que outorga a entidade dende 2008 a algunha personalidade por destacar na súa contribución ao desenvolvemento da ciencia en Galicia. Despois da oceanógrafa Ángeles Alvariño en 2015, De la Vega é a segunda muller en ser homenaxeada. A RAGC valorou especialmente o seu carácter loitador, amosado desde que fora a primeira licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) xunto coa súa irmá Elisa, onde acadou ademais o premio extraordinario. Na súa carreira investigadora tivo o grande acerto de incorporar a xenética ao ámbito da saúde, sendo unha verdadeira pioneira da xenética médica en España. Posteriormente, os seus traballos no campo da hidroloxía aplicada á saúde foron tamén de enorme valía. A RAGC quere, por tanto, “dar a coñecer a súa figura como exemplo de muller científica, en tempos nos que non era doado ser admitida e recoñecida”. Aínda que o acto académico central de homenaxe terá lugar o 8 de outubro co gallo do “Dia da Ciencia en Galicia” programaranse durante todo o ano diversas actividades para dar a coñecer a súa figura e as súas contribucións.

Facultade de Medicina, Universidade de Santiago de Compostela


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.