REPORTAXE
O TÚNEL DO CONFURCO,
UNHA OBRA INACABADA DEBIDO Á PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL E C Xosé Ramón Paz Antón HOUBO UN TEMPO EN QUE ALGUNHAS PERSOAS PODÍAN IMAXINAR UNHA VIAXE EN TRANVÍA PARTINDO DE MONDARIZ, CRUZANDO PONTEAREAS, O PORRIÑO E MOS ATA CHEGAR A VIGO. DE ALÍ SERÍA POSIBLE ALONGAR O ITINERARIO POLAS PRAIAS E ATRAVESAR NIGRÁN ATA AS PORTAS DE BAIONA. ESA REDE TRANVIARIA QUE PUIDO SER REALIDADE MALOGROUSE NO TRAMO O PORRIÑO-MONDARIZ E COMO UNHA TESTEMUÑA CASE SECRETA DAQUELA EMPRESA QUEDA HOXE UN BEN DE PATRIMONIO INDUSTRIAL DE ESCASO RECOÑECEMENTO: O TÚNEL INACABADO DO CONFURCO.
A inauguración do ferrocarril, con conexión a Madrid e logo a Portugal, comezaba a cambiar a paixón polas viaxes da época romántica en turismo, un novo concepto que comezaba a dar os seus primeiros pasos. En Mondariz chegaron a celebrarse consellos de ministros, reunións diplomáticas, visitas de membros da realeza e da aristocracia, plenos da Real Academia Galega, encontros e alternes do máis florido da vida financeira, artística e militar. Non obstante o proxecto termal de Mondariz adoecía das malas comunicacións existentes entre a estación do Porriño e o balneario, uns vinte quilómetros que debían realizarse en dilixencia e, máis tarde, en automóbil. Probablemente Peinador envexaba a situación dun balneario como o de Caldelas de Tui que, se ben non era comparable ao seu nas proporcións de negocio e monumentalidade, recibía aos viaxeiros de Madrid e doutras provincias cunha estación anexa ao propio establecemento termal. Enrique Peinador Vela tivo un soño, crear a conexión a través de tranvía entre Vigo e Mondariz pasando polas vilas de O Porriño e Ponteareas. Deste xeito pretendía mellorar a súa oferta turística e, ao mesmo tempo, prevía un desenvolvemento económico da comarca poñendo como exemplo a grande cantidade de serradoiros que poderían utilizar o transporte en tranvía para achegar a madeira á rede ferroviaria ou ao porto de Vigo. Os primeiros movementos para construír o seu soño acontecen nos últimos anos do século XIX pero tomaron forma máis decisiva a partir de 1904 en que se tramitan as concesións administrativas e se redacta o Proyecto Tranvia de Mondariz a Vigo “aprobado por la Superioridad” en xullo de 1907. No ano 1913 creábase a Sociedad Anónima Tranvía Mondariz a Vigo con domicilio en Ponteareas. O capital inicial de 1,5 millóns de pesetas aportados por Peinador esperaba sumarse a unha cantidade un pouco superior que aportaría a Sociedade Hispano-Belga, quedando unha parte máis pequena a cubrir por pequenos accionistas da comarca. Con iso e as axudas oficiais achegaríanse aos 5 millóns en que se calculaba o custo total do proxecto. En setembro do citado ano comezan os primeiros traballos de movementos de terras deseñando o trazado entre Puxeiros e O Porriño, labor que foi encomendada ao contratista Marcial Peralba. A paisaxe de Cans na década de 1930 en foto de Otto Wunderlich (Fototeca do IPCE)
Enrique Peinador Vela (1847-1917) creou en Mondariz un dos establecementos balnearios de maior importancia de Galicia, da península ibérica e do turismo internacional.
48 cousas de