GALICIA SOLIDARIA
O CAMIÑO DE SANTIAGO É MÁIS ACCESIBLE GRAZAS A
‘DisCamino’ E J.G.Bastida C DisCamino O CAMIÑO DE SANTIAGO SEMPRE AXUDOU A MOITA XENTE PARA ATOPAR SENTIDO Á SÚA EXISTENCIA, E AGORA ESTE PROXECTO NON SOAMENTE CONSEGUE FACILITAR O ROTEIRO XACOBEO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE, TAMÉN FAI VISIBLE A NECESIDADE DE CONSTRUÍR UN MUNDO CON MAIOR ACCESIBILIDADE PARA TODAS AS PERSOAS QUE POR PROBLEMAS FÍSICOS NON POIDAN REALIZAR ESTE O CALQUER OUTRO ROTEIRO. A historia de DisCamino empeza en agosto de 2009 cando Gerardo, un raparigo xordo-cego de Vigo, fixo o seu primeiro Camiño de Santiago pedaleando sobre un Copilot, triciclo tándem de orixe holandesa, que unha alma caritativa decidiu doar para que puidese cumprir o seu soño. Unha vez na praza do Obradoiro, cando o roteiro chegara ao seu fin e os que acompañaran a aquel entusiasta “peregrino aventureiro” felicitábanse por terminala sen contratempos, cando Gerardo pronunciou unhas palabras que lles marcaron profundamente “Javier, busca a máis persoas con problemas como eu para facer o Camiño moitos anos”. Doce anos despois para saber cal é a situación actual de DisCamino e como afronta o futuro, entrevistamos a Javier Pitillas, o seu responsable e quen recentemente foi proposto pola Xunta de Galicia ao Premio Princesa de Asturias dá Concordia. Javier, para os que ainda non o saiban. Que é DisCamino? DisCamino é máis que o roteiro, é a preparación física e mental necesaria para levar a cabo este reto, é o compañeirismo que xorde nos retos compartidos, é a ilusión de implicarse en algo que cambiará a túa vida e encheraa de significado, é o día a día de moitas persoas que, aínda que nunca vaian poder pedalear, teñen necesidade de algo, ou de alguén, que lles axude ou acompañe no seu paso por este mundo.
56 cousas de