www.eoiferrol.org
Páxina 6 · EOI Ferrol Número 18 · ANO 2020
cruzaron moi frecuentemente cos nosos cans autóctonos e que colocaron a súa pervivencia ao bordo da extinción pola crenza errónea de que “sempre o que vén de fóra é mellor”.
Palleiro Marelo
A recuperación desta raza iníciase no ano 1999 pola inquietude da Xunta de Galicia, que se propón comprobar a existencia deste can de pastoreo, polo que inicia o seu labor entregando aos veterinarios do servizo de saneamento gandeiro un cuestionario para que identifiquen o tipo de can que atopan nas granxas nas súas visitas. Unha vez recompilados estes datos e descartando as valoracións máis discordantes, efectuáronse visitas in situ ao resto de exemplares, dando como resultado a constatación fidedigna da existencia do mesmo tipo de can en distintos lugares de Galicia, de distintas capas e con distintos nomes pero que realmente son o mesmo tipo de animal e coas mesmas funcións. Nesta prospección inicial recibíronse 279 enquisas e foron seleccionados 45 exemplares (38 machos e 7 femias) e iniciáronse xa as primeiros cruces. Posteriormente no ano 2001 publícase o Estándar Oficial da Raza e é recoñecida oficialmente polo Ministerio de Agricultura como especie autóctona española. No ano 2002 constitúese o Club de Raza do Can de Palleiro, única entidade recoñecida oficialmente pola Xunta de Galicia como colaboradora na recuperación da Raza e que se ocupa da parte práctica de todo este proceso e son a súa Xunta Directiva e os seus entusiastas socios os que hoxe en día están a conseguir que o censo de animais continúe en ascen-
Actualidade
so, grazas ás camadas programadas en pureza racial e á identificación de novos individuos localizados en prospeccións que se continúan realizando por todo o agro galego. Actualmente existen 1700 exemplares rexistrados no Libro de Orixes do Can de Palleiro (cuxo propietario é a Xunta de Galicia), e a súa presenza esténdese por toda Galicia, polo resto de España (País Vasco, Andalucía, Cataluña, Madrid, Estremadura, etc), e tamén polo Brasil, Arxentina, Noruega, Francia, Holanda, Alemaña, Irlanda, Ucraína, Marrocos e outros países. É de destacar a súa presenza no Brasil, onde se está utilizando na súa primitiva función de “condutor do rabaño” en distintas explotacións vacúas dese país, tal e como se utiliza aínda hoxe en día na nosa comunidade. Aínda que a súa función orixinal é, como comentabamos, a de ser condutor do rabaño, hoxe en día hai exemplares adicados a distintas funcións con excelentes resultados. Así hai animais destinados ou ben a axudarlle aos discapacitados ou a ser axentes en terapias de axuda aos nosos maiores; ou ben ao agility, a ser can de salvamento para procura de persoas en grandes áreas etc. E é que o Can de Palleiro non é o primeiro en nada pero é o segundo en todo e como dicimos en Galicia, SÓ LLE FALTA FALAR. Despois de todo isto, animámosvos desde estas páxinas a que coñezades este incrible e descoñecido can para o que nos poñemos á vosa disposición desde a nosa páxina www.clubcandepalleiro.com , porque se hai algo tan galego como as “ Meigas” ou o “Polbo á Feira”, iso é o Can de Palleiro. --Orgullo de Raza--.
Palleiro Alobado